fácil · natureza
Carballo
- árbore
- bosque
- folla
- madeira
- fraga
Xoga cos teus ao mítico xogo do Tabú, e faino en galego! Serás quen de adiviñalas todas?
fácil · natureza
Equipo 1
Parabéns, Equipo 1!
Esta web non require rexistro nin solicita datos persoais. Cando gardas unha partida no ranking público, almacénase o nome dos equipos e, opcionalmente, o nome do organizador que ti escribas. Nada máis.
Para evitar que o ranking se enche de spam usamos un identificador técnico anónimo (hash da IP + navegador) que non permite identificarte. Pódese rotar e invalidar en calquera momento.
Empregamos as seguintes cookies:
Se non queres que se envíen datos a Google Analytics podes activar o modo "Non rastrexar" do teu navegador, usar un bloqueador como uBlock Origin, ou non visitar esta web. Non temos un panel propio para opt-out.
Tabú en galego é un xogo creado por As Chaves da Lingua. Para reportar erros nas palabras usa o iconiño ⚠ na propia carta durante o xogo.
De 2 a 4 equipos. Cada equipo xoga por quendas. Nunha quenda, unha persoa describe e o resto do seu equipo intenta adiviñar. Na seguinte quenda, cambia quen describe.
Se xogades só 2 persoas, unha describe e a outra adiviña en cada quenda.
Fai que o teu equipo adiviñe a palabra principal de cada carta antes de que remate o tempo.
Cada carta ten unha palabra principal e cinco palabras prohibidas. Tes que describir a principal sen dicir ningunha das prohibidas nin palabras derivadas (mesma raíz, plural, diminutivos, etc.).
Non se permite:
Se cometes un erro, a carta queda invalidada.
Cando comeza a quenda:
Se acertan, pasas á seguinte carta. Se decides saltar, pasas á seguinte pero consumes un salto (máx. 3 por quenda). Cando remata o tempo, acaba a quenda e pasa ao seguinte equipo.
A partida remata ao completar o número de roldas acordado (3, 5 ou 10). Gaña o equipo con máis puntos. En caso de empate, gañan todos os equipos empatados.